Saturday 20 de April de 2024

Cinco pilotos locais compiten este fin de semana no V Rallymix Concello de Touro


A proba automobilística valedeira para o Campionato Xunta de Galicia Rallymix 2022 dispútase nas pistas de terra e asfalto do Concello de Touro

Un total de cinco pilotos locais figuran entre os 76 pilotos inscritos no V RallyMix Concello de Touro, que se celebrará esta fin de semana, 30 de abril e 1 de maio de 2022, nas pistas de terra e asfalto do Concello de Touro. David González Souto (nº 10), cun Carcross Kincar; Víctor González Conde (nº 16), cun Carcross Yacarcros; Nicolás Otero Montero (53); cun Suzuki Swift Sport; Borja Fernández López (nº 64), cun Citroën Saxo VTS; y Antonio Mareque Martínez (nº 70), cun Renault Megane Coupe, son os inscritos na proba automovilística. O V Rallymix Concello de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilsmo, e o Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato Xunta de Galicia Rallymix 2022. Os inscritos en kartcross suman 26 pilotos. Os outros 50 competirán na categoría de turismos.

O Rallymix Concello de Touro 2022 conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O circuito ten a saída e a meta nas proximidades de Loxo. O sábado 30 de abril a primeira manga empezará ás 12.30 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comenzarán ao remate das anteriores. O domingo día 1 de maio contará con outras dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda comenzará nada máis rematar esa cuarta pasada da proba. Posteriormente está prevista a entrega de trofeos.

O presidente da Escudería Touro Motor e do comité organizador confía en que acuda numeroso público e afeccionados de toda Galicia e de fóra da comunidade autónoma a presenciar a proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia Rallymix 2022. Espérase un fin de semana asollado. “Queremos desexarlle sorte a todos os inscritos e que todo o afeccionado que se achegue a Touro poida desfrutar da emoción dunha fin de semana de automobilismo”, destaca o presidente da Escudería Touro Motor, José Ramón González.